jueves, diciembre 30, 2010

ALÉN DO AMOR

Fas a morte
esbozar un sorriso que dá risa,
cando abrazas a sorte
o imposible baila nunha repisa,
os meus suspiros por ti
moven muíños de vento,
senón te teño o meu rostro non ri
o meu latexar vai a paso lento,
cando estremeces ao meu corazón
pode mover montañas,
sen ti, o sensato perde a razón,
sen ti, todas as cousas que coñezo son estrañas,
sen ti, estou nua, sen abrigo,
sen ti, a tristura non durmiría,
pero se amences comigo
eu fago amencer ó día.

No hay comentarios.: