miércoles, diciembre 29, 2010

O MEU AMOR

O meu amor non é
un sentimento sinxelo,
non vai devagar,
senón que estoupa no peito,
é un amor embazado
polas bágoas,
un amor que está preto
de centrar a miña vida nun só feito,
o meu amor está ao carón da loucura,
está nas miñas veas,
no aire que respiro,
o meu amor,
é un latexar apaixonado
que loita contra ó tempo
prendido nun suspiro,
o meu amor,
é máis de pena que de canto,
pero cando é canto, é ledicia,
é a mesma felicidade,
o meu amor,
queda lonxe de ser sinxelo,
pero o meu amor,
é un canto a eternidade.

No hay comentarios.: