miércoles, enero 12, 2011

DESPOIS DE TI

Contigo ao meu carón,
tódolos momentos son
das cores do arco da vella,
cóbrese o ceo de bolboretas,
de cantos de paxaros,
a un mundo encantado se asemella.

Contigo ao meu carón,
non preciso de máis nada,
todo me sobra,
es o meirande dun todo,
o noso amor é como un carballo forte
que o vento non dobra.

Deime conta de que sen ti,
a miña vida está baleira,
está chea de soños calados,
porque senón podo ver o mundo
a través dos teus ollos
prefiro que os meus queden pechados.

No hay comentarios.: